|
A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo celebrou esta mañan un acto con motivo do 25 aniversario do centro Universitario no que participou o Alcalde de Lugo José López Orozco. Neste acto, o Alcalde resaltou “o traballo de todos os profesores e profesoras e o esforzo do alumnado que ao longo destes 25 anos posicionaron á Facultade de Lugo nos postos máis relevantes das universidades españolas e que a converteron nun referente para os universitarios do noso país e, incluso, do estranxeiro”. López Orozco agradeceu á Universidade o inmenso traballo de formación da nosa mocidade que ten desenvolvido ao longo de moitos anos e a súa influencia para que Lugo se convertera nunha cidade universitaria. Neste acto participaron, ademais, a Decana da Facultade, Ana Bravo del Moral, o Reitor da USC, Senén Barro, o presidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, José Uxío Rey, e o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial, Antón Bao. O reitor da universidade presentou O libro 25 anos da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (1984-2009), no que varios autores vinculados ao centro universitario lugués fan un repaso pola historia da facultade e da profesión veterinaria en Galicia, e que está financiado pola Consellaría de Medio Rural, coa colaboración do Consello Galego de Colexios Veterinarios e do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España. Fuente: Ayuntamiento de Lugo
|