Noticias última hora
Lugo
Información general
El Tiempo en Lugo 
Telefonos de Interés 
Ayuntamiento 
Palacio de Ferias y Congresos 
Diputación Provincial de Lugo 
Centros Docentes 
Universidad 
Instalaciones deportivas 
Distancias kilométricas 
Partidos Políticos 
Hospitales 
Instituciones 
ONGs 
Residencias de Ancianos 
Viviendas Comunitarias para Personas Mayores 
Apartamentos para Personas Mayores 
Centros Sociales 
Iglesias 
Sindicatos 
Ordenes Católicas 
Asociaciones Profesionales 
Clubes y asociaciones deportivas 
Cofradias 
Colegios oficiales de Lugo 
Justicia en Lugo 
Funerarias 
Tanatorios 
Asistencia a Domicilio 
Transportes
Gastronomía
Alojamientos
Farmacias
Serv. Inmobiliarios
Donde comprar
Rutas Turísticas
Cultura y ocio
Música
Ayuntamientos
Empresas
Servicios Profesionales
Foro de Lugo
Fotografías
Ayuda
Contacto
Webs amigas
Publicidad
Funerarias

 Inicio >> Información general >> Instituciones >> ASPACE LUGO

ASPACE LUGO

Asociación de Persoas con Parálise Cerebral de Lugo
Número de rexistro Sanitario: C-27-001263
Dirección: Rúa Alfredo Brañas, Nº1 Baixo C.P. 27004 Lugo
Telf. 982202778 / 698154563
Mail: aspace_lugo@hotmail.com
Horario: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00

ASPACE LUGO atopase inscrita na Federación Galega de Parálise Cerebral e na Confederación Española de Federacións e Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e Afíns formando parte da maior plataforma dentro do movemento asociativo de apoio ás persoas con PC e ás súas familias.

SERVIZOS DE ASPACE-LUGO
1) SERVIZO DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AS FAMILIAS.

  • Información, orientación e asesoramento sobre recursos existentes para o colectivo de persoas con Parálise Cerebral e/ou afíns.
  • Información e planificación de actividades de ocio e tempo de lecer para as persoas con PC e as súas familias.
  • Difusión e sensibilización da entidade á sociedade.
  • Derivación, coordinación e seguimento con outras persoas profesionais de entidades tanto públicas como privadas.
  • Captación de recursos para o desenrolo de actividades e continuidade das xa existentes.

2) SERVIZO DE REHABILITACIÓN.
Preténdese a través deste programa mellorar o desenrolo motor das persoas socias, buscando a mobilidade, función e percepción, prever o deterioro ou debilidade dos músculos como resultado da falla de uso (chamada atrofia) e evitar a contractura, na cal os músculos se inmobilizan nunha postura ríxida. O tratamento fisioterapéutico pode mellorar ou evitar o deterioro da autonomía dunha persoa con parálise cerebral, entre os seus beneficios están:

  • Facilitar o desenrolo psicomotor.
  • Reducir a espasticidade
  • Axudar a mobilidade

3) SERVIZO DE TERAPIA OCUPACIONAL E DE ADAPTACIÓN DO ENTORNO E ASESORAMENTO EN AXUDAS TÉCNICAS.
Os obxectivos deste servizo son:

  • O.1: Prestar servizos de Habilitación e rehabilitación para estimular e mellorar o desenrolo social, cognitivo, comunicativo, emocional e motor das persoas con PC.
  • O.2: Prestar un servizo de asesoramento, formación e material específico ós e ás profesionaisdos centros educativos ós que acoden as persoas socias.
  • O.3: Prestar un servizo de información, orientación, formación e asesoramento ás familias .

Dentro desde programa a terapeuta ocupacional facilita información e asesoramento os/as socios/as das axudas técnicas que máis se adaptan as necesidades da persoa e que tipo de adaptacións poderían facilitar a realización das actividades da vida diaria, dende comer, vestirse, levantarse ata o desprazamento na comunidade.

4) ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL EN PISCINA CLIMATIZADA 
Estimulación en piscina climatizada na LUCUS BABY SPA con monitor e monitora.

5) ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE LECER.
Traballamos polo dereito dun ocio para todas as persoas e buscamos poñer ao alcance dos socios e das socias de ASPACE LUGO actividades normalizadas de ocio e tempo de lecer, ofrecendo o apoio e acompañamento necesario.
- Realizamos saídas pola cidade (museos, teatro, cine, concertos...)
- Facemos excursións fora da cidade
- Practicamos deporte; Boccia, surf, Ioga, buceo..
Temos o Tobii Eye Tracking, sistema de comunicación e acceso a través de ordenador controlado polo movemento dos ollos, á disposición das socias e dos socios que o precisen, así como adaptadores e conmutadores informáticos que facilitan o acceso autónomo aos equipos informáticos.

CÓMO FACERSE PERSOA SOCIA DE ASPACE-LUGO
A cota anual para ser persoa socia é de 60€ repartidos en dous pagos; 30€ en decembro e 30€ en xullo.

Prezo dos Servizos de ASPACE LUGO
Terapia Ocupacional, 6€ sesión
Fisioterapia, 8€ sesión
Piscina, 9€ a sesión individual / 6€ a sesión grupal (infantil)

Ir al inicio
invisible
Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página Mapa web Buscador Avanzado