Noticias última hora
Lugo
Información general
Transportes
Gastronomía
Alojamientos
Farmacias
Serv. Inmobiliarios
Donde comprar
Rutas Turísticas
Cultura y ocio
Música
Ayuntamientos
Empresas
Servicios Profesionales
Foro de Lugo
Fotografías
Ayuda
Contacto
Webs amigas
Publicidad
Funerarias

 Inicio >> Noticias última hora >> O Concello de Lugo crerá un foro cívico de caráter consultivo para aprobar ordenanzas de civismo.

O Concello de Lugo crerá un foro cívico de caráter consultivo para aprobar ordenanzas de civismo.

O Concello de Lugo presentou hoxe unha ordenanza de civismo consensuada con todos os sectores sociais, onde se recolleron as aportacións e suxestións presentadas polos diferentes colectivos da cidade e os partidos políticos con representación Municipal.

Entre as aportacións recollidas no borrador da ordenanza inclúese a creación dun foro cívico de carácter consultivo e de debate composto por:

- O Alcalde ou persoa na que delegue.
- Concelleiro/a de Protección da Comunidade.
- Concelleiro/a de Xuventude.
- Voceiros dos grupos políticos con representación no Concello.
- Representantes da mocidade.
- Representantes de ANPAS.
- Representantes do movemento veciñal.
- Representantes dos hostaleiros.
- Representantes da USC.
- Representantes das Consellerías de Educación e Sanidade.

Ademais prevese a posibilidade que as infraccións teñan como alternativa ás sancións horas de traballo a favor da comunidade: en infraccións moi graves ata 100 horas, grave 50 horas e leves 25 horas.

O Concello, segundo explicou o Concelleiro, aposta decididamente nesta ordenanza pola reeducación social e convivencia no espazo público polo que se compromete a levar a cabo accións preventivas, formativas e de socialización que eviten a conflitividade social. Avógase, deste modo, por modelos que incidan na corrección de condutas asociais.

Fuente: Ayuntamiento de Lugo

Ir al inicio
invisible
Enviar página a un amigo Poner esta página como tu pagina de inicio Imprimir esta página Mapa web Buscador Avanzado