Asociación de Persoas con Parálise Cerebral de Lugo
Número de rexistro Sanitario: C-27-001263
Dirección: Rúa Alfredo Brañas, Nº1 Baixo C.P. 27004 Lugo
Telf. 982202778 / 698154563
Mail: aspace_lugo@hotmail.com
Horario: De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
ASPACE LUGO atopase inscrita na Federación Galega de Parálise Cerebral e na Confederación Española de Federacións e Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e Afíns formando parte da maior plataforma dentro do movemento asociativo de apoio ás persoas con PC e ás súas familias.
SERVIZOS DE ASPACE-LUGO
1) SERVIZO DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AS FAMILIAS.
- Información, orientación e asesoramento sobre recursos existentes para o colectivo de persoas con Parálise Cerebral e/ou afíns.
- Información e planificación de actividades de ocio e tempo de lecer para as persoas con PC e as súas familias.
- Difusión e sensibilización da entidade á sociedade.
- Derivación, coordinación e seguimento con outras persoas profesionais de entidades tanto públicas como privadas.
- Captación de recursos para o desenrolo de actividades e continuidade das xa existentes.
2) SERVIZO DE REHABILITACIÓN.
Preténdese a través deste programa mellorar o desenrolo motor das persoas socias, buscando a mobilidade, función e percepción, prever o deterioro ou debilidade dos músculos como resultado da falla de uso (chamada atrofia) e evitar a contractura, na cal os músculos se inmobilizan nunha postura ríxida. O tratamento fisioterapéutico pode mellorar ou evitar o deterioro da autonomía dunha persoa con parálise cerebral, entre os seus beneficios están:
- Facilitar o desenrolo psicomotor.
- Reducir a espasticidade
- Axudar a mobilidade
3) SERVIZO DE TERAPIA OCUPACIONAL E DE ADAPTACIÓN DO ENTORNO E ASESORAMENTO EN AXUDAS TÉCNICAS.
Os obxectivos deste servizo son:
- O.1: Prestar servizos de Habilitación e rehabilitación para estimular e mellorar o desenrolo social, cognitivo, comunicativo, emocional e motor das persoas con PC.
- O.2: Prestar un servizo de asesoramento, formación e material específico ós e ás profesionaisdos centros educativos ós que acoden as persoas socias.
- O.3: Prestar un servizo de información, orientación, formación e asesoramento ás familias .
Dentro desde programa a terapeuta ocupacional facilita información e asesoramento os/as socios/as das axudas técnicas que máis se adaptan as necesidades da persoa e que tipo de adaptacións poderían facilitar a realización das actividades da vida diaria, dende comer, vestirse, levantarse ata o desprazamento na comunidade.
4) ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL EN PISCINA CLIMATIZADA
Estimulación en piscina climatizada na LUCUS BABY SPA con monitor e monitora.
5) ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE LECER.
Traballamos polo dereito dun ocio para todas as persoas e buscamos poñer ao alcance dos socios e das socias de ASPACE LUGO actividades normalizadas de ocio e tempo de lecer, ofrecendo o apoio e acompañamento necesario.
- Realizamos saídas pola cidade (museos, teatro, cine, concertos...)
- Facemos excursións fora da cidade
- Practicamos deporte; Boccia, surf, Ioga, buceo..
Temos o Tobii Eye Tracking, sistema de comunicación e acceso a través de ordenador controlado polo movemento dos ollos, á disposición das socias e dos socios que o precisen, así como adaptadores e conmutadores informáticos que facilitan o acceso autónomo aos equipos informáticos.
CÓMO FACERSE PERSOA SOCIA DE ASPACE-LUGO
A cota anual para ser persoa socia é de 60€ repartidos en dous pagos; 30€ en decembro e 30€ en xullo.
Prezo dos Servizos de ASPACE LUGO
Terapia Ocupacional, 6€ sesión
Fisioterapia, 8€ sesión
Piscina, 9€ a sesión individual / 6€ a sesión grupal (infantil)
|